-
Esta casa está aberta de balde todos os días que se realizan actividades a toda aquela xente solidaria, respectuosa e comprometida coa natureza e cultura galegas e que desexen formar parte da construción desta utopía
Calendario de Actividades
Xuño 2013 Lun Mar Mér Xov Ven Sáb Dom 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20 21 22 23 24 25 26 27 28 29 30 Que é a Eira da Xoana
Historia da Eira da Xoana
- Historia da Eira da Xoana
- Así a coñecimos
- Inicio da Recuperación
- Pouco a pouco foi collendo forma
- Retiramos a bouza e fixemos as primeiras prantacións
- Vestímola para pasar o inverno… ben abrigadiña…
- Festa de inauguración da Casa
- Co 2009 empezaron as grandes obras
- E por fin, no 2010, así a vimos
- Premios ao Proxecto de Rehabilitación da Casa
Novas relacionadas coa Eira da Xoana e contorna
Arquivo de Actividades
Contacta
Onde estamos
Visitantes do Blogue
Ligazóns
Category Archives: Marzo
SÁBADO 31 DE MARZO: DIA DA ÁRBORE

Este sábado celebramos na Eira da Xoana o Día da Árbore.
Plantamos castiñeiros e nogueiras micorizadas na chousa nova e tamén dous marmeleiros doados pola Cooperativa Rainha Lupa de Quilmas.
PROGRAMA:
11.00 h => Encontro na Eira. Preparación e comezo dos traballos comunitarios
14.00 h => Xantar de Convivio. Cadaquén levou a súa comida para compartir. Como noutras ocasións nós puxemos queixo, marmelo e café. Aportación solidaria 2 € soci@s e 3 € non soci@s.
16.30 h => Celebracion da Día da Árbore.
19.00 h => Remate da actividade

Na categoría Actividades 2012, Marzo
Leave a comment
DOMINGO 18 DE MARZO: FEIRA NA EIRA

O pasado domingo 18 de marzo, ADEGA convidou á I FEIRA DE PRODUTOS NATURAIS E ARTESÁNS na Eira da Xoana.
A Feira foi todo un éxito. Unha loubanza que nos gustou foi: «Isto parece un anuncio… ese onde di: Vivamos coma Galegos». Grazas Pepa
Un agradecemento especial a tod@s os que participáchedes dalgunha maneira facendo este proxecto posíbel.
PROGRAMA
Dende as 11:00 e durante todo o día
Houbo postos de artesanía (cerámica, cestería, etc) e produtos da terra (queixos, mel, embutidos, hortalizas, etc)
Tivemos xantar para gozar do día na Eira da Xoana (Callos, polbo e outras viandas) Sorteamos unha cesta entre os consumidores da Feira.
Talleres e música
- 11:30 h => Cosmética natural
- 12:30 h => Obradoiro de Cestería
- 13:30 h => Espicha da sidra da Eira da Xoana
- 14:30 h => Xantar amenizado polos grupos» herba grileira» e » Bico da Balouta»
- 16:00 h => Xogos populares, Obradoiro de chapas, e máis música con «Herba Grileira» e o «Bico da Balouta».
Mesa redonda
- 17:00 h => “A soberanía alimentar. Diversas perspectivas”
Consumo responsable (A Cova da Terra)
Comercio xusto (Panxea)
Produción ecolóxica (Raínha Lupa)
Aínda que caeron unhas pingas, non importou, a terra precísao e nós tivemos carpas.
Para ver o cartaz da actividade preme eiquí.
Para consultar o listaxe de productores que participaron preme eiquí.
Desculpade se alguén dos que estivéchedes non vos vedes reflexados na reportaxe fotográfica… Pero a xornada non deu para máis.

Na categoría Actividades 2012, Marzo
Leave a comment
SÁBADO 17 DE MARZO: ROTEIRRÍOS 2012: RASTROS E PEGADAS

Este ano o programa Roteirríos está adicado a coñecer e axudar á conservación da biodiversidade dos ríos.
Nos nosos ecosistemas fluviais habitan numerosos organismos que rara vez podemos observar. Pero existen métodos para recoñecelos. Indicios como pelos, pegadas ou defecacións poden facilitarnos moita información sobre a súa bioloxía e distribución no caso de saber interpretalos.
Para aprender a recoñecer estes sinais que deixan os vertebrados, contaremos o próximo sábado día 17 de marzo co experto Juan Ignacio Díaz da Silva (SGHN), que guiará esta saída formativa pola contorna da Eira da Xoana.
PROGRAMA:
11.00 h => Encontro na Eira.
11.15 h => Presentación da metodoloxía (Juan Ignacio Díaz da Silva)
11.30 h => Roteiro no que se visitarán diferentes hábitats para identificar rastros e pegadas.
14.30 h => Parada para xantar (trae o bocata)
16.00 h => Continuación do roteiro
19.00 h => Remate da actividade
Para ver o cartaz da actividade preme eiquí.

Na categoría Actividades 2012, Marzo
Leave a comment
SÁBADO 10 DE MARZO: TRABALLOS COMUNITARIOS

A pesares de que o pasado sábado día 3 traballamos na mellora da traída da auga, precismos axuda para rematar coa obra.
PROGRAMA:
11.00 h => Encontro na Eira. Preparación e comezo dos traballos de mellora da traída de auga.
14.00 h => Xantar de Convivio. Cadaquén levou a súa comida para compartir. Como noutras ocasións puxemos queixo, marmelo e café. Aportación solidaria 2 € soci@s e 3 € non soci@s.
16.00 h => Continuamos cos traballos.
19.00 h => Remate da actividade

Na categoría Actividades 2012, Marzo
Leave a comment
SÁBADO 3 DE MARZO: TRABALLOS COMUNITARIOS

Se algunha vez tes calmado a sede ca auga da Eira, agora precisamos da túa axuda para millorar a traída. Ven a botarnos unha man este primeiro sábado de marzo.
PROGRAMA:
11.00 h => Encontro na Eira. Preparación e comezo dos traballos de mellora da traída de auga.
14.30 h => Xantar de Convivio. Cadaquén levou a súa comida para compartir. Como noutras ocasións nós puxemos queixo, marmelo e café. Aportación solidaria 2 € soci@s e 3 € non soci@s.
16.00 h => Continuamos cos traballos.
19.00 h => Remate da actividade

Na categoría Actividades 2012, Marzo
Leave a comment





