-
Esta casa está aberta de balde todos os días que se realizan actividades a toda aquela xente solidaria, respectuosa e comprometida coa natureza e cultura galegas e que desexen formar parte da construción desta utopía
Calendario de Actividades
Maio 2013 Lun Mar Mér Xov Ven Sáb Dom 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20 21 22 23 24 25 26 27 28 29 30 31 Que é a Eira da Xoana
Historia da Eira da Xoana
- Historia da Eira da Xoana
- Así a coñecimos
- Inicio da Recuperación
- Pouco a pouco foi collendo forma
- Retiramos a bouza e fixemos as primeiras prantacións
- Vestímola para pasar o inverno… ben abrigadiña…
- Festa de inauguración da Casa
- Co 2009 empezaron as grandes obras
- E por fin, no 2010, así a vimos
- Premios ao Proxecto de Rehabilitación da Casa
Novas relacionadas coa Eira da Xoana e contorna
Arquivo de Actividades
Contacta
Onde estamos
Visitantes do Blogue
Ligazóns
Category Archives: Agosto
SÁBADO 18 DE AGOSTO: «HOMENAXE ÁS VÍTIMAS DA REPRESIÓN»

ADEGA e a Asociación Cultural “O Galo” de Compostela, sumáronse á homenaxe que xa viñan facendo cada ano outras organizacións.
Honra en memoria das persoas que, por defenderen a xustiza e a liberdade, foron vítimas da represión nos anos da «longa noite de pedra».
O acto estivo aberto a todas as organizacións que se quixeron sumar a esta celebración.
PROGRAMA:
10.15 h => Lugar de encontro: “O Coto”, situado na estrada de Melide a Palas de Rei (N-547), xusto no límite provincial.
10.30 h => Comezo do acto en Sá (Palas de Rei), no lugar onde apareceran os corpos sen vida do Sixto Aguirre e Camilo Díaz Valiño.
A continuación fumos cara a Toques, onde homenaxeamos a:
- Marcial Villamor Varela (Ferroviario)
- Ramón Rodríguez Varela (O Curuxás)
- Delfino Liñeira Fraga
14.00 h => Chegada á Eira onde tivemos un xantar de confraternidade.
17.00 h => Actuación de Mini e Mero.
18.00 h => Inauguración dun monólito en honra aos “fuxidos”.
20.00 h => Remate da Actividade.

- A MEMORIA DA EIRA DA XOANA por Adela Figueroa Panisse.
Na categoría Actividades 2012, Agosto
Leave a comment
DOMINGO 12 DE AGOSTO: «A FESTA DA CABRA»

Este é o dia onde, na freguesía de Ramil, se celebra a festa do ano. Nós unímonos, como veciños que somos, e fixemos a nosa aportación.
PROGRAMA:
10.30 h => Encontro na Eira para recibir á xente que veu á festa e convidala a que visitase a nosa casa e, ao mesmo tempo, preparamos as cousas necesarias para o xantar.
13.45 h => Concerto no campo da festa.
15.00 h => Xantar na Eira. Houbo empanadas, lacón asado e viño ou sidra. Sobremesa con queixo e marmelo máis o café. Aportación solidaria 12 € (10 € socios).
17.00 h => Continuando co noso espírito de «casa aberta» a todo o mundo, amenizamos a xornada da tarde con «cafeses» para quen nos quixo visitar e tamén fixemos un pequeno roteiro pola contorna, cos visitantes, para que coñecesen os aredores da casiña.

NOTAS:
- A xente que quixese xantar debeu anotarse antes do Xoves día 9. Para facelo contactou con Pepe ou Marcial .
- A festa continuou pola noite no campo da festa coa actuación da Orquestra Pontevedra
- Aloxamentos máis próximos:
Na categoría Actividades 2012, Agosto
1 Comentario
SÁBADO 4 DE AGOSTO: TRABALLOS COMUNITARIOS

PROGRAMA:
11.00 h => Encontro na Eira. Comezo dos traballos.
14.00 h => Xantar de Convivio.
16.00 h => Continuación dos traballos.
19.00 h => Remate da actividade.
Na categoría Actividades 2012, Agosto
Leave a comment





