
Neste día quitamos o mel das colmeas («esmelga») en coordinación con AGA (Asociación Galega de Apicultura)
PROGRAMA:
11.00 h => Encontro e comezo da actividade. Houbo unha charla teórica por parte de membros de AGA.
12.30 h => Parva (pequeno descanso do traballo tomando algo de aperitivo).
14.30 h => Xantar de convivio no eirado da Eira da Xoana.
16.00 h => Continúa a esmelga.
19.30 h => Remate da actividade coa visita da nova chousa adquirida por ADEGA recentemente.

NOTAS:
1.- Cadaquén debeu traer a súa comida para compartir (parva e xantar) e pandeireta se a tiñan.








