QUERES TER COLMEAS?

Hai posibilidade de poñer colmeas propias, neste momento xa hai varios compañeiros que as teñen.
A xente interesada debe poñerse en contacto con Marcial.
ORGANIZACIÓN DE VISITAS GUIADAS
Gustaríache coñecer Ramil e a súa contorna?
As visitas realízaas Marcial a grupos organizados ou de escolares. Contacta con Marcial no: 638 47 53 22 e infórmate das diferentes alternativas.
Os custos da actividade concretaranse no momento da súa realización.
PARTICIPA NO EQUIPO DA EIRA DA XOANA

Botas de menos algunha actividade na Eira da Xoana? Tes algunha proposta para a mellora do proxecto?
Se queres formar parte do Equipo organizador das Actividades da Eira da Xoana, podes achegarte ás xuntanzas que teñen lugar os Martes ás 6 da tarde, para aportar as túas ideas e propostas.
AGARDÁMOSTE!!!
Se desexas asistir contacta e confirma antes con Pepe ou Marcial.





