CANTIGA DA EIRA DA XOANA

NA EIRA DA XOANA

No voar do miñato,
no canto da rula,
no sorrir do ourizo,
no ornear da burra,
na man que é prá terra
materia cercana,
ollamos e vemos
a Eira da Xoana.

Eira da Xoana, lugar
entre carballos e castiñeiros.
Eira da Xoana, cantar
de pombos, petos e melros.
Eira da Xoana, un paso
na procura doutro sermos.
Eira da Xoana, camiño
para exercer de nós mesmos.


No sol que aloumiña,
na sombra que sanda,
no voo da curuxa
que coa lúa fala,
na man do que quere
vir desfrutala
ollamos e vemos
a Eira da Xoana.

 

Letra creada en exclusiva por Ricardo Seixo para a Eira da Xoana.

Musicada tamén en exclusiva para a Eira da Xoana por Galina Botnar.

Ano de creación:2014