DOMINGO 10 DE AGOSTO: FESTA DA CABRA EN RAMIL


Un ano máis, o segundo domingo do mes de agosto, tivo lugar a celebración da festa de verán máis importante para Ramil: “A Festa da Cabra”. Dende a Eira da Xoana, unimonos e apoiamos esta celebración na medida do posible. Para elo, entre outras, organizamos un xantar aberto tanto ós/ás veciños/as do lugar, como a todas aquelas outras persoas que quixeron pasar unha xornada festiva en boa compaña.


PROGRAMA:

12.30 h => Encontro na Eira para recibir á xente que veu para a festa convidándoa a que visitase a nosa casa e, ó mesmo tempo, preparar as cousas necesarias para o xantar.

13.45 h => Concerto no campo da festa.

14.45 h => Xantar na Eira. Este ano a Organización propuxo probar o GUISO DE CABRA FEITO Ó XEITO DE SANTIAGO. FOI IMPRESCINDIBLE CONFIRMAR A ASISTENCIA ANTES DO XOVES 7.

Continuamos o noso convivio até o serán. Á noitiña, como é costume, tocaron as orquestras para dar axeitado remate á festa.

NOTAS:

  • O custo da actividade foi de 11 euros (9 para socios/as)
Esta entrada foi publicada en Actividades 2014, Agosto. Garda a ligazón permanente.