DOMINGO 12 DE AGOSTO: “A FESTA DA CABRA”

Este é o dia onde, na freguesía de Ramil, se celebra a festa do ano. Nós unímonos, como veciños que somos, e fixemos a nosa aportación.

 
 
 
 
 
 

PROGRAMA:

10.30 h => Encontro na Eira para recibir á xente que veu á festa e convidala a que visitase a nosa casa e, ao mesmo tempo, preparamos as cousas necesarias para o xantar.

13.45 h => Concerto no campo da festa.

15.00 h => Xantar na Eira. Houbo empanadas, lacón asado e viño ou sidra. Sobremesa con queixo e marmelo máis o café. Aportación solidaria 12 € (10 € socios).

17.00 h => Continuando co noso espírito de “casa aberta” a todo o mundo, amenizamos a xornada da tarde con “cafeses” para quen nos quixo visitar e tamén fixemos un pequeno roteiro pola contorna, cos visitantes, para que coñecesen os aredores da casiña.

NOTAS:

  • A xente que quixese xantar debeu anotarse antes do Xoves día 9. Para facelo contactou con Pepe ou Marcial .
  • A festa continuou pola noite no campo da festa coa actuación da Orquestra Pontevedra
Esta entrada foi publicada en Actividades 2012, Agosto. Garda a ligazón permanente.

Unha resposta a DOMINGO 12 DE AGOSTO: “A FESTA DA CABRA”

  1. urbano di:

    como o pasades en ramil

Os comentarios están pechados.