DOMINGO 18 DE MARZO: FEIRA NA EIRA

O pasado domingo 18 de marzo, ADEGA convidou á I FEIRA DE PRODUTOS NATURAIS E ARTESÁNS na Eira da Xoana.

A Feira foi todo un éxito. Unha loubanza que nos gustou foi: “Isto parece un anuncio… ese onde di: Vivamos coma Galegos”. Grazas Pepa

Un agradecemento especial a tod@s os que participáchedes dalgunha maneira facendo este proxecto posíbel.

PROGRAMA

Dende as 11:00 e durante todo o día

Houbo postos de artesanía (cerámica, cestería, etc) e produtos da terra (queixos, mel, embutidos, hortalizas, etc)

Tivemos xantar para gozar do día na Eira da Xoana (Callos, polbo e outras viandas) Sorteamos unha cesta entre os consumidores da Feira.

Talleres e música

  • 11:30 h => Cosmética natural
  • 12:30 h => Obradoiro de Cestería
  • 13:30 h => Espicha da sidra da Eira da Xoana
  • 14:30 h => Xantar amenizado polos grupos” herba grileira” e ” Bico da Balouta”
  • 16:00 h => Xogos populares, Obradoiro de chapas, e máis música con “Herba Grileira” e o “Bico da Balouta”.

Mesa redonda

  • 17:00 h => “A soberanía alimentar. Diversas perspectivas”

Consumo responsable (A Cova da Terra)
Comercio xusto (Panxea)
Produción ecolóxica (Raínha Lupa)

Aínda que caeron unhas pingas, non importou, a terra precísao e nós tivemos carpas.

Para ver o cartaz da actividade preme eiquí.

Para consultar o listaxe de productores que participaron preme eiquí.

Desculpade se alguén dos que estivéchedes non vos vedes reflexados na reportaxe fotográfica… Pero a xornada non deu para máis.

Esta entrada foi publicada en Actividades 2012, Marzo. Garda a ligazón permanente.