Onde estamos e distancias á Eira

En Ramil, Concello de Agolada, a 3,5 km do Castelo de Pambre e a 13 km da Vila de Melide. En pleno corazón de Galiza.

  • Como chegar dende Melide:

Coller dirección A Golada, aproximadamente a 11 kms desvío a esquerda en dirección Pazo de Eidián. Logo seguir o indicador de Ramil. Ó chegar a Ramil buscar a Igrexa que queda no alto do lugar á man dereita e a 50 metros cara adiante atoparás a túa casa.

  • Como chegar dende Agolada:

Coller dirección Melide, aproximadamente a 11 kms desvío a dereita en dirección Ramil. Logo seguir o indicador de Ramil. Ó chegar a Ramil buscar a Igrexa que queda no alto do lugar á man dereita e a 50 metros cara adiante atoparás a túa casa.

  • Como chegar dende o Castelo de Pambre:

Seguir a estrada que vai na dirección do río Pambre e aproximadamente a 3 ou 4 km está Ramil. Ó chegar a Ramil buscar a Igrexa que queda no alto do lugar á man dereita e a 50 metros cara adiante atoparás a casa.

  • DATOS GPS para atoparnos son: 42°50’29″N 7°58’40″W ou 42.8413889, -7.9777778

DISTANCIAS DENDE OUTROS CONCELLOS:

  • Dende A Coruña: 1 hora e 20 min.
  • Dende Santiago de Compostela: algo menos dunha hora.
  • Dende Pontevedra: 1 hora e 30 min.
  • Dende Lalín: 25 min.
  • Dende Lugo: 50 min.
  • Dende Ourense: 1 hora.

7 respostas a Onde estamos e distancias á Eira

  1. María di:

    Ola!!
    son María, e unhas amigas máis eu, estabamos interesadas en participar nalgún grupo de camiñatas, sendeirismo.Chamei a ADEGA, e me facilitaron o ome da vosa asociación.Qué teríamos que facer para pertencer a ela e iniciar esas actividades que programades?.
    Un saúdo e gracias!
    María.

  2. Pingback: Ramil (Agolada): Festa do Solsticio de Inverno | ::Axenda cultural AELG::

  3. Maria Lúcia Dário di:

    Meus parabéns ao grupo idealizador do Projeto Eira da Xoana. Parabéns principalmente a Lois Lopes, encarregado das comidas da Adega. Vou divulgá-los tanto quanto eu possa!
    Magnífica iniciativa contra a Crise Econômica Europeia. Muito sucesso pra vocês!
    ATT. Maria Lúcia Dário
    Campinas – SP – BRASIL

  4. Boas María e compañeiras,

    Para participar nas actividades de sendeirismo que se organicen na Eira da Xoana o proceder é sinxelo. Simplemente, cando vexades algunha actividade que vos interesa, ben a través do email da Eira ou, normalmente, contactando con Marcial ou Pepe Salvadores (datos dispoñibles no conctacta do blogue) poderedes inscribirvos nas actividades que o requiran. Para calquera outra dúbida ou no caso de que desexedes recibir unha mensaxe por correo electrónico das actividades que realizamos, podedes escribir un email á eiradaxoanadega@gmail.com para darvos de alta.
    Agardando ter resolto as vosas dúbidas e vervos pola Eira da Xoana, recibide un saúdo ecoloxista!

  5. Manuel di:

    En nome de toda a familia de Marcial Villamor, o noso agradecimiento por recordar a figura de Marcial e por todo o agarimo que sempre recibimos entre vós.
    Unha forte aperta.
    http://www.marcialvillamor.com
    marcialvillamor@yahoo.es

  6. Xosé di:

    Só era para darvos os parabéns pola vosa actividade e poñervos un só pero…. e este refírese ao toponímico de Agolada…
    A palabra oficial para nomear ao municipio é concello de AGOLADA, non é concello de A Golada. Este é un castelenismo que vén do franquismo cando se lle chamou La Golada.
    http://www.xunta.es/nomenclator/arbol.jsp?prv=3&con=281
    Moitas grazas e perdoade pola intromisión pedante pero ás cousas hai que chamalas polo seu nome galego.

  7. Grazas Xosé pola correción. Queda incorporada ó blogue!
    Apertas!

Os comentarios están pechados.