SÁBADO 01 DE NOVEMBRO: ACTIVIDADES COMUNITARIAS

Este sábado, fixemos moitas cousiñas pola Eira, pois a vindeira fin de semana teriamos saída micolóxica e feira de outono. Toda axuda, como sempre, foi máis que necesaria e foi moi ben recibida.

PROGRAMA:

12.00 h => Encontro na Eira e inicio das actividades. Entre outras: acondicionamento da contorna, inventariado do material da tenda solidaria da Eira para determinar necesidades de traslado de novo material, colocación de carteis na casiña, organización de espazos e materiais, etc…

14.00 h => Xantar de convivio na Eira. Cadaquén trouxo o seu, que, seguindo o costume “da casa” compartillamos cos compañeiros/as. Rematamos o xantar, quen quixa, con “queixo con marmelo” e café ou infusións por unha aportación solidaria de 3 €.

16.00 h => Continuamos coas actividades ata que o corpo aguantou.

Esta entrada foi publicada en Actividades 2014, Novembro. Garda a ligazón permanente.