SÁBADO 1 DE DECEMBRO: ASEMBLEA POPULAR NA EIRA

Asemblea popular da República Ecolóxica do Alto Ulla.

Rematando practicamente o ano 2012, ao igual que fixeramos a finais do ano 2011, foi a nosa intención propiciar un encontro de todas aquelas persoas que participaron nas actividades que se organizan na Eira, e mesmo daquelas nas que este proxecto esperta algún tipo de interese e que polo motivo que fora, aínda non visitaron o equipamento.

Os obxectivos xerais desta xuntanza foron claros:

  • Avaliar cualitativa e cuantitativamente as actividades realizadas durante este último ano.
  • Programar actividades para o vindeiro ano para darlle vida a este equipamento de educación ambiental, desenvolvemento cultural e local.

PROGRAMA:

11.00 h => Comezo das activades comunitarias

14.30 h => Xantar. Cadaquén levou comida para compartir. Houbo queixo con marmelo e café. Aportación solidaria 3 €.

16.30 h => Asemblea Popular . Orde do día:

  1. Análise das actividades realizadas
  2. Propostas para o futuro
  3. Varios

18.00 h => Remate da Actividade

Esta entrada foi publicada en Actividades 2012, Decembro. Garda a ligazón permanente.

Unha resposta a SÁBADO 1 DE DECEMBRO: ASEMBLEA POPULAR NA EIRA

  1. uxio di:

    Por se fai coincidir con outras actividades xa progamadas nas ke adega lugo participa ? .Un saudo cordial.

Os comentarios están pechados.