SÁBADO 18 DE AGOSTO: “HOMENAXE ÁS VÍTIMAS DA REPRESIÓN”

ADEGA e a Asociación Cultural “O Galo” de Compostela, sumáronse á homenaxe que xa viñan facendo cada ano outras organizacións.

Honra en memoria das persoas que, por defenderen a xustiza e a liberdade, foron vítimas da represión nos anos da “longa noite de pedra”.

O acto estivo aberto a todas as organizacións que se quixeron sumar a esta celebración.

PROGRAMA:

10.15 h => Lugar de encontro: “O Coto”, situado na estrada de Melide a Palas de Rei (N-547), xusto no límite provincial.

10.30 h => Comezo do acto en Sá (Palas de Rei), no lugar onde apareceran os corpos sen vida do Sixto Aguirre e Camilo Díaz Valiño.

A continuación fumos cara a Toques, onde homenaxeamos a:

  • Marcial Villamor Varela
  • Ramón Rodríguez Varela (O Curuxás)
  • Delfino Liñeira Fraga (O tranviario)

14.00 h => Chegada á Eira onde tivemos un xantar de confraternidade.

17.00 h => Actuación de Mini e Mero.

18.00 h => Inauguración dun monólito en honra aos “fuxidos”.

20.00 h => Remate da Actividade.

Esta entrada foi publicada en Actividades 2012, Agosto. Garda a ligazón permanente.