SÁBADO 22 DE SETEMBRO: HOMENAXE ÁS PERSOAS CRENTES COMPROMETIDAS NA DEFENSA DA TERRA

Este acto estivo promovido por ADEGA (Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza), xunto coa Asociación O Galo de Santiago, a Asociación Irmandade Moncho Valcarce e diferentes entidades cristiás.

Foi un recoñecemento a todas as persoas e comunidades cristiás: leigas e leigos, cregos, monxas, frades e monxes, que ao longo da nosa historia, honraron á Terra nai, unindo cristianismo e galeguidade.

PROGRAMA:

14.30 h => Xantar preparado na casiña. O prezo por persoa foi de 12 € (10 € soci@s).

17.00 h => Inauguración dunha placa nun monólito. Intervencións de diferentes persoas e colectivos relacionados co tema. Ofrenda floral e intervencións musicais.

19.30 h => Remate da actividade.

 

 
NOTAS:

  • Ao longo do día, proxectouse o audiovisual “NA DEFENSA DA TERRA”, con imaxes de Carlos Varela (1945-1980) sobre as loitas nas Encrobas, Baldaio e Xove.
Esta entrada foi publicada en Actividades 2012, Setembro. Garda a ligazón permanente.

Unha resposta a SÁBADO 22 DE SETEMBRO: HOMENAXE ÁS PERSOAS CRENTES COMPROMETIDAS NA DEFENSA DA TERRA

  1. Carmen di:

    Estoy muy contenta que en Galicia tengamos esto. Gracias a los que trabajáis en todo esto.

Os comentarios están pechados.