SÁBADO 9 DE AGOSTO: HOMENAXE ÁS VÍTIMAS DA REPRESIÓN. LEMBRANZA A XAQUÍN YEBRA PIMENTEL, AMIGO DA EIRA DA XOANA. PRESENTACIÓN DE CANTIGA ADICADA Á EIRA DA XOANA

ADEGA sumouse, un ano máis, a esta homenaxe que xa viñan facendo fai anos atrás outras organizacións. Honra en memoria das persoas que, por defenderen a xustiza e a liberdade, foron vítimas da represión nos anos da “longa noite de pedra”

O acto estivo aberto a todas as organizacións e persoas que a título individual se quixeron sumar a esta celebración.

PROGRAMA:

12.00 h => Encontro no Coto: estrada nacionacional entre Melide e Palas (CN 547. Monólito situado entre o km 41 e 40).

14.30 h=> Chegada á Eira onde tivemos un xantar de confraternidade ó que non faltaron as burriñas. Houbo marmelo, queixo e café. Prezo solidario de 3 €.

17.00 h => LEMBRANZA PARA O AMIGO DA EIRA DA XOANA XAQUÍN YEBRA PIMENTEL da man de Carlos Cimadevila.

OFRENDA FLORAL con diferentes intervencións NO MONÓLITO que erguemos NA EIRA da Xoana no ano 2012.

  • Este ano tivemos de convidados a UXÍO-BREOGRÁN DIÉGUEZ CEQUIEL e DARÍO RIVAS, loitador contra a impunidade.

  • Como noutras ocasións, acompañaronnos MINI E MERO.

  • Posteriormente, uns compañeiros e compañeiras da Coruña, fixeron a PRESENTACIÓN DUNHA CANTIGA COMPOSTA EN EXCLUSIVA PARA A EIRA DA XOANA. Para ila aprendendo, a letra di así:

No voar do miñato,
o canto da rula,
no sorrir do ourizo,
no ornear da burra,
na man que é pra terra
materia cercana,
ollamos e vemos
a Eira da Xoana.

Eira da Xoana, lugar
entre carballos e castiñeiros.
Eira da Xoana, cantar
de pombos, petos e merlos.
Eira da Xoana, un paso
na procura doutro sermos.
Eira da Xoana, camiño
para exercer de nós mesmos.

No sol que aloumiña,
na sombra que sanda,
no voo da curuxa
que coa lúa fala,
na man do que quere
vir a desfrutala
ollamos e vemos
a Eira da Xoana.

(Ricardo Seixo, 2014)

Esta entrada foi publicada en Actividades 2014, Agosto. Garda a ligazón permanente.