VENRES 21 DE DECEMBRO: SOLSTICIO DE INVERNO

Unha vez máis celebramos a festa do Solsticio de Inverno.

Recuperando os últimos ecos dun ritual milenario, quixemos traer de novo á nosa sociedade unha celebración que se perde na noite dos tempos.

Nela rendíase homenaxe ao Sol, que rexuvenece cada ano para traernos luz, calor e vida.

PROGRAMA:

17.00 h => Encontro na Eira. Para elaboración de fachos, boneco e realización doutros quefaceres necesarios para o desenvolvemento da actividade.

17.45 h => Subida ao Cotón dos fogos. Onde realizamos un acto de despedida ao Sol a medida que este se ia agochando.

18.30 h => Queima do Tizón. Facendo lume Novo que queima o ano vello que rematou.

19.30 h => Acto literario e musical. Entre outros estivo presente a figura do Apalpador que se deu a coñecer especialmente entre tod@s os nen@s que se achegaron.  Tamén o fixo Lois, que é un contador de historias que co seu orixinal humor,  falounos da personaxe Percival e o solsticio.

20.30 h => Cea e Actuacións. Coma de costume nesta data, cadaquén trouxo a súa comida para compartir nesta cea de convivio. Houbo queixo e café por unha aportación solidaria de 3 €.

–.– h => Remate. Cando se acabaron os folgos.

Para ler a crónica da actividade feita por Curra Figueroa preme eiquí.

Para ler os poemas feitos por Curra Figueroa preme eiquí.

NOTAS:

1.- Se alguén qixo durmir na zona puido facelo nos seguintes aloxamentos:

www.arqueixal.com

www.pazoeidian.com

www.abolboreta.com

www.aparadadasbestas.com

www.casablancoterraulloa.com

www.balnearioriopambre.com

 

Esta entrada foi publicada en Actividades 2012, Decembro. Garda a ligazón permanente.